2.838 lucenses xa recibiron as axudas de 200€ do Goberno para paliar o impacto da subida de prezos

Estas axudas do Executivo súmanse á rebaixa do IVE do gas e da luz, á prórroga da limitación da subida do alugueiro e a bonificación do carburante, aumentar o IMV e as pensións non contributivas, entre outras

A subdelegada destacou hoxe que 2.838 lucenses xa recibiron as axudas de 200 euros do Goberno para paliar o impacto da suba de prezos derivada da guerra en Ucraína e a crise enerxética. Con esta medida, a Axencia Tributaria abonou un total de 567.600 euros na provincia «para incrementar a protección social ás persoas e familias máis vulnerables» sinalou a subdelegada quen informou destas novidades tras a reunión mantida esta mañá coa directora provincial da Axencia Tributaria, Elena Rosendo, no que trataron as diferentes medidas efectuadas polo Executivo.

A subdelegada explicou que as persoas destinatarias desta iniciativa, aprobada polo Goberno a finais de xuño, son veciños e veciñas que traballan, autónomos e desempregados que residen en fogares con ingresos inferiores a 14.000 euros en 2021 e cuxo patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros. O cómputo de ingresos e de patrimonio efectúase de maneira conxunta, considerando todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022.

Durante o encontro celebrado na sede da Axencia Tributaria de Lugo, Isabel Rodríguez subliñou que estas axudas de 200 euros enmárcanse no paquete de medidas levadas a cabo polo Executivo e dirixidas á maioría social do país como a rebaixa do IVE do gas e da luz, a prórroga da limitación da subida do alugueiro e a bonificación do carburante, aumentar o Ingreso Mínimo Vital, aprobar incentivos para o transporte público ou elevar un 15% as pensións non contributivas, entre outras.

«Son políticas encamiñadas na inquietude que ten este Goberno en achegar tranquilidade ás familias en tempos de incerteza, especialmente ás familias máis vulnerables, ao mesmo tempo que atendemos as economías da clase media e traballadora e dos sectores estratéxicos. Medidas que van na dirección de seguir avanzando como país, despregando con determinación os fondos do Plan de Recuperación para que cheguen a todas e todos os lucenses», remarcou a subdelegada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.