A CIG considera grave a contratación dun detective para espiar ás traballadoras da residencia municipal de Sarria

Desde a CIG consideramos de extrema gravedade as informacións trasladadas desde o Concello de Sarria a respecto de que o edil Benjamín Escontrela tivera contratado os servizos dun detective para espiar a traballadoras da residencia municipal Nosa Señora do Carme durante a situación de baixa laboral. Tal cuestión é ademáis paradoxal tendo en contra que dito edil é médico de profesión.
Desde a CIG temos denunciado durante a presente lexislatura a nefasta e neglixente xestión en conxunto da Residencia e en particular da xestión de persoal na mesma, e entendemos que o cese de Benjamín Escontrela á fronte da Residencia chega tarde, e que por desgraza obedeceu a criterios de natureza política, posto que a xestión do Sr. Escontrela á fronte da Residencia, foi obxecto de continuas controversias durante a presente lexislatura.
Á xestión de Benjamín Escontrela á fronte da Residencia foi nefasta, sendo a mesma sempre obxecto de novas conflictivas. En materia laboral debemos lembrar que rurante o seu mandato se retirou o complemento de IT ás traballadoras e traballadores, decisión ilegal como así o ratificaría o TSXG e mesmo foi condeado por vulnerar o dereito de conciliación. A pesares destas decisión, que o único que fixeron foi enrarecer as relación laborais na empresa e que lle costaron ao Concello asumir indemnización.
Desde a CIG facemos chamamento ao Goberno Local de Sarria a que actue con todas as ferramentas contra o Sr. Escontrela pola súa nefasta e caprichosa xestión da residencia, entendo ademáis que os feitos agora coñecidos son extremadamente grves e impropios da actuación dunha Administración Pública, así como que se esclarezan con “pelos e sinais” os feitos acaecidos.