A Marea de Noia acusa a Santiago Freire de gastar 7.260€ nunha aplicación sen utilidade

A Marea Cidadá de Noia, durante as labores de fiscalización ao goberno municipal, fixose eco de dúas facturas que alcanzan os 7.260€ dunha aplicación móbil carente de utilidade para a veciñanza e que só ten a día 16/12/2022, dez descargas, das que cinco son integrantes da Marea de Noia

Esta aplicación, que simplemente publica o mesmo que a rede social Facebook propiedade do Concello de Noia, leva en funcionamento dende o 25 de marzo do ano 202, sen que nin se quera sexa publicitada polo goberno local.

Dende a Marea indican que pediron varios orzamentos sobre unha APP de prestación similares a empresas do sector e o maior dos orzamentos non chega a 2.000€. Solicitarán á intervención municipal que exerza o control sobre esas facturas, xa que consideran que o gasto está por riba do valor de mercado. Indican que actualizacións son copias e pegas da información que escribe o persoal de confianza da alcaldía nas redes sociais.

Dende a Marea explican que, lonxe de pagar esa cantidade que non corresponde cos prezos de mercado, compre destacar a falta de utilidade desta aplicación, xa que esa partida podería complementar diversos gastos que son máis necesarios para a cidadanía.

Dende a Marea cuestionan se eses 7.260€ poden ser para pagar discursos favorables en épocas de precampaña, xa que a empresa creadora emite nunha frecuencia de radio comarcal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.