A Xunta avoga por “salvagardar os intereses do sector marítimo-pesqueiro” no desenvolvemento da eólica mariña

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, defendeu hoxe a necesidade de que o desenvolvemento da eólica mariña no litoral de Galicia sexa compatible coa actividade pesqueira e coa preservación do ecosistema. Fíxoo durante a súa participación na xornada A pesca e os ecosistemas mariños ante a eólica mariña: unha visión das administracións do sector, organizada pola Plataforma en defensa da pesca e dos ecosistemas mariños
O representante do Executivo galego explicou que é necesario avanzar no desenvolvemento deste tipo de tecnoloxías renovables, que contan cun importante potencial en Galicia, pero tamén subliñou a necesidade de salvagardar os intereses dun sector fundamental para a comunidade como o sector marítimo-pesqueiro.
Neste sentido, Antonio Basanta sinalou que é fundamental que as dúas actividades sexan compatibles e lembrou que polo momento ningún promotor pode tramitar proxectos de eólica mariña en Galicia -nin noutros puntos do litoral español- á espera de que o Goberno central, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, aprobe o documento definitivo dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM).
Así, sinalou que é importante que o sector marítimo-pesqueiro sexa parte do proceso de desenvolvemento desta tecnoloxía e que por iso a Xunta de Galicia creou a mediados do ano pasado o Observatorio da eólica mariña -no que están representados a Administración, a industria e o sector pesqueiro- para avanzar neste asunto desde o diálogo, o consenso e a transparencia. A este respecto, lembrou que esta iniciativa foi recoñecida como unha boa práctica na resolución aprobada hai uns meses polo Parlamento Europeo sobre a Economía Azul e o papel da pesca e a acuicultura no seu desenvolvemento.
Confiemos en que el “sector pesquero de Galicia” crea al Sr.Basanta por que en la Comunidad Valenciana (Castellón) han tenido serios problemas con los pescadores de la zona hace 9 años por lo mismo y tan pronto comenzaron la instalación
de los cables en la mar desde tierra a cada aereogenerador (hubo problemas muy serios poco publicitados ,pero los pescadores daban razones de todo tipo ,incluso suponían que los cables eléctricos submarinos en el fondo, eran incompatibles con las gambas)
Quiero creer que se han molestado yendo una por una todas la Cofradías o organizando reuniones previas con los dirigentes de todas las Cofradías de Galicia en las que les entreguen la documentación y los datos para su tranquilidad
o de otro modo, se repetirá la misma historia que en la Comunidad Valenciana.