A Xunta de Galicia pon en valor a música e a cultura a través de dous concertos navideños en Ribadeo

O grupo municipal popular de Ribadeo, gracias á financiación da Xunta de Galicia, pon en valor a cultura e a música unha vez máis a través da preparación de dous concertos de intérpretes locais. Para o voceiro popular, Dani Vega, esto supón un “impulso dinamizador da economía ribadense”.

Dani Vega agradece o traballo conxunto de todos os intérpretes e as corais: “Gracias tanto ao Coro Sagrado Corazón, así como á Coral Polifónica de Ribadeo. Temos que agradecer a todos os coralistas e as directoras o esforzo conxunto para traer estos dous concertos de Nadal, sempre están a disposición de colaborar con magníficas actuación e poñendo en valor a música e a cultura”.

Por outra banda, Vega explicou que desde o grupo municipal “queremos poñer en valor tamén o traballo dos intérpretes locais e abrirlles as portas a que veñan ao noso Ribadeo”. Ademais, o popular sinalou que “non é a primeira vez que o facemos. Xa tivemos aqueles dous concertos navideños con Amancio Prada (concerto de reis) e Rosa Cedrón e Emilio Rúa, nese concerto de Nadal na igrexa parroquial de Ribadeo. Polo tanto, volvémolo a facer e facémolo moi ben.”

DATAS SINALADAS

A concelleira de cultura, Begoña Sanjurjo, explicou o calendario destes dous concertos. O mércores 4 de xaneiro actuará Lucía Pérez coa Coral do Sagrado Corazón en “tres pezas interpretadas conxuntamente, e despois actuarán por separado”, explica Sanjurjo. O venres día 13 será co concerto de reis, que estará amenizado pola Orquesta de Cámara galega e a coral Polifónica “que se fundirán para interpretar dúas pezas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.