Antonio Riveira repite como candidato á alcaldía de Xermade polo Partido Popular

O candidato popular Antonio Riveira é unha persoa moi coñecida no municipio pola súa actividade profesional e política
- O popular, enxeñeiro agrícola de profesión, xa formou parte dun equipo de goberno durante 12 anos ao fronte da concellería de obras, foi voceiro municipal e é o actual presidente do PP local en Xermade
- O candidato a alcaldía urxe na necesidade de mellorar os servicios sociais, o saneamento e acondicionamento de camiños municipais, apoio na actividade do sector primario xa que é o principal motor económico do municipio e conservar e utilizar o patrimonio cultural de Xermade como un reclamo turístico
- Gracias ao apoio e reclamo do grupo provincial popular, a Deputación destina máis de 300.000 euros a Xermade para as distintas competencias do Concello, cando antes a partida era so de 15.000 euros
- O coordinador xeral do PP, José Manuel Balseiro, lembrou que os populares xa estiveron gobernando moitos anos e “aspiramos a recuperar a alcaldía” para ofrecer unha alternativa real aos veciños de cara as vindeiras elección municipais.