Castiñeira cre que as críticas do PSOE a Candia “denotan moitísimo medo nas filas socialistas pola grandísima acollida que ten por parte dos veciños”

O portavoz do grupo provincial popular, Javier Castiñeira, saíu ao paso das declaracións efectuadas pola portavoz do goberno da Deputación, a socialista Pilar García, en relación á candidata a alcaldía do PP por Lugo, Elena Candia. Sinalou que “escoitar á señora Pilar García Porto na rolda de prensa na última xunta de goberno da Deputación deste ano falar da candidata do PP á alcaldía de Lugo denota, aparte dun discurso patético e moi pouco intelixente, que hai moi poucos argumentos e se fai moi pouca xestión nesta administración, como vimos dicindo dende que o señor Tomé é presidente da Deputación de Lugo”. Engadiu: “Pero ademais denota moitísimo medo nas filas socialistas, pola grandísima acollida que está a ter por parte dos veciños a nosa candidata, Elena Candia; en vez de criticala e intentar branquear ao señor Besteiro, máis ben deberían copiar as formas políticas da señora Candia, que se basean en traballar polos lucense, incansablemente, como xa o fixo na oposición e no goberno da Deputación”. Destaca que “é unha persoa cun clarísimo e marcado estilo, baseado no traballo e na dedicación e creo que iso debera ser o exemplo que deberan seguir os socialistas”.
Castiñeira declarou: “Dende o Partido Popular dicímoslles aos socialistas que, en todo caso, deberan escoitar a aquel que foi o seu secretario xeral durante varios anos, o señor Gonzalo Caballero, que entende que intentar branquear a imaxe do señor Besteiro e de todos os socialistas desa etapa escura nas administracións non é unha boa idea, porque O Garañón está aí, a fábrica da luz está aí e outros casos tamén están aí, como é o de Liñares ; ademais de costarlles cartos aos lucenses danaron a imaxe da cidade e da provincia, polo que se alguén debería pedir perdón é o Partido Socialista. Entendo que non son o exemplo que debe mostrar de xestión un partido político para o futuro dunha gran cidade como é a de Lugo”.
Os populares lamentan que “a idea do Partido Socialista, a súa estratexia, pase por denostar a grande actividade que está a levar a señora Candia e, por outro lado, se intente branquear unha etapa escura do partido socialista”. Castiñeira apunta que “se algún político gañou con isto foi o señor Tomé, unha persoa que na época dourada de Besteiro era absolutamente descoñecida e que agora practicamente ostenta todos os cargos do partido e non entendemos moito que se meta nestas leas”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.