Cerceda e Ordes, novas paradas de ‘Os Lugares do Paraíso’

O sábado, 10 de decembro, terá lugar a saída a Cerceda mentres que a ruta de Ordes será ao día seguinte, domingo 11 de decembro

O ciclo ‘Os lugares do Paraíso’, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes chega esta fin de semana aos Concellos de Cerceda e Ordes logo da súa gran acollida en Mesía, Frades e Tordoia.

Cerceda será a primeira parada coa ruta programada o vindeiro sábado 10 de decembro, na que as persoas participantes poderán achegarse a enclaves como o museo da mineiría, o lago das Encrobas, os castros de Guichar e de Cerceda ou a pedra de Mazafacha.

Pola súa parte, a ruta do Concello de Ordes, prevista para o domingo 11 de decembro, incluirá visitas á antiga estación ferroviaria de Ordes – A Pontraga, o museo do traxe ‘Juanjo Linares’ e a praza do centro social Isabel Zendal.

Ambas as rutas están consideradas como de dificultade baixa, polo que son aptas para a participación de todos os públicos. Recoméndase levar roupa de abrigo e calzado axeitado por mor da previsión de choiva para estas datas.

As saídas terán lugar novamente desde a rúa Entreparques de Ordes ás 09.30 horas mentres que o regreso está previsto para as 14.30 horas.

Todas as persoas interesadas en asistir poderán reservar a súa praza de balde en info@viaxesalumar.com ou chamando ao 678 776 951.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.