David Alonso, candidato do PSdeG-PSOE do Porriño ás eleccións municipais de 2023, aposta por “unha candidatura renovada e un programa electoral participativo”

O PSdeG-PSOE do Porriño apostou pola unidade ao plantexar ao actual secretario xeral e voceiro municipal, David Alonso Bargiela, como candidato á alcaldía do
Porriño nas elección municipais de 2023. Alonso, que compareceu este domingo ante a asamblea da Agrupación Socialista xa como candidato proclamado ás eleccions municipais de 2023, anunciou a súa vontade de abrir unha nova etapa no proxecto socialista porriñés cunha aposta pola renovación de equipos e actualización do proxecto socialista. “Os socialistas do Porriño chegaremos cos deberes feitos, cun equipo renovado e cun proxecto á altura do que O Porriño merece”, afirmou o novo candidato socialista, que xa traballa na configuración da candidatura socialista. Alonso viviu un momento emotivo co apoio á súa candidatura dos dous primeiros concelleiros socialistas na primeira corporación democrática en 1979, Raúl Francés Valverde e Carlos Díaz, dos que indicou que o seu obxectivo é que o PSOE reconecte coa mellor versión da súa historia de compromiso público, democracia e loita polo benestar dos traballadores e do noso pobo”, afirmou Alonso.
“A chegada en extrañas circunstancias de Alejandro Lorenzo á alcaldía, pode resumirse nunha palabra: decepción. Un alcalde que non só non foi quen de atraer inversións, senón que desatendeou as infraestructuras, e presenta una mala xestión económica: paraliza os pagos do Concello, consume todo o aforro neto que tiña o Concello e foi totalmente incapaz de negociar e aprobar uns orzamentos. Un alcalde ao que só lle preocupa organizar festas, que non traballa nos asuntos importantes. O Porriño merece un goberno que deseñe un proxecto de futuro ilusionante para o noso pobo, que afronte os desafíos do noso Concello e que atenda aos problemas diarios dos porriñeses”, afirmou David Alonso.
David Alonso Bargiela é licenciado en dereito, exerceu como concelleiro de Asuntos Sociais, Deporte e Promoción Económica e na actualidade é o secretario xeral e voceiro municipal dos socialistas do Porriño así como secretario comarcal do PSdeG-PSOE.
Comité Electoral
A asamblea socialista serviu tamén para aprobar a posta en marcha do seu Comité Electoral, organismo que servirá para iniciar un proceso de contacto coa sociedade porriñesa, elaborar o seu programa electoral e comezar a planificar a e campaña electoral.