Denuncian recheos sen licenza na Rúa Pablo Picasso do Burgo

Trátase da parcela da rúa Pablo Picasso na que xa houbo recheos hai meses e constátase agora o que dicía o BNG que eran sen licenza

O día 1 de decembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia o anuncio de Augas de Galicia da solicitude de autorización para efectuar recheos e obras na parcela da rúa Pablo Picasso do Burgo, en Culleredo.

A concesión desta autorización debe ser previa á concesión da licenza de obras e, por suposto, á realización dos recheos e das obras. Constátase, á vista da publicación no BOP, que os recheos efectuados até o momento carecían de licenza.

Na parcela xa se efectuaron recheos polos que preguntamos en varias ocasións ao Alcalde no Pleno Municipal. A primeira vez, no mes de Xuño, o Sr. Rioboo contestou que o que se estaba a realizar era unha «limpeza subsidiaria dunha parcela forestal» e que non tiña coñecemento de ninguna licenza para obras nesa parcela.

O BNG, que ten recibido numerosas queixas veciñais polas obras efectuadas, e que xa realizou unha visita ao solar coa deputada Mercedes Queixas e representantes de asociacións naturalistas, esixe do Goberno Municipal que se aclare a legalizade das obras realizadas nesa parcela.

Tono Chouciño, voceiro nacionalista, manifesta a súa preocupación polas escorrentías de lama que, en días de chuvia, se orixinan no solar e van rematar na Ría do Burgo, «indo na dirección contraria ao saneamento da Ría mediante a dragaxe«.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.