El Langui celebrará o Día Internacional da Discapacidade no Festigual da Coruña

El Langui e a súa banda actuarán este sábado, 3 de decembro, ás 20.30h, no Centro Ágora

El Langui chega a Coruña no 3D-Día Internacional de la Discapacidad para mostrarnos a súa filosofía de superación. Un concerto que porá fin ao Festigual 2022 e que contará con mochilas vibratorias para a accesibilidade de persoas xordas.

A súa visita á Coruña coincide co lanzamento do seu novo traballo, ‘ESPASTICIDAD’, que estará dispoñible a partir do propio día 3. Nel, o artista exprésase con máis realismo e crudeza que nunca xunto a colaboradores como Kase.o ou SFDK. Un disco cheo de alegría, esforzo e detalles que recolle todo o vivido polo Langui nos últimos anos.

“¡Control parental: letras explícitas!”… O Langui chega con forza. Xa podemos desfrutar dun single de adianto na súa canle de You Tube, ESPASTICIDAD feat. KASE.O.


Rapeiro, actor, colaborador en programas de radio e TV, conferenciante e impulsor de campañas a favor da igualdade ou contra o acoso escolar. José Manuel Montilla, “El Langui”, segue sendo unha das figuras máis populares da nosa escena musical e cultu ra contidiana e de rúa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *