Jorquera quere saber se o Goberno local apoia agora que o Teatro Colón pase a chamarse Teatro María Casares

Remarca que a alcaldesa defendeu a mudanza de nome durante a presentación do documentario de Xavier Villaverde cando o grupo socialista votara en contra da modificación no Pleno de marzo

No Pleno de 10 de marzo deste ano, o grupo socialista votou en contra dunha moción para o Teatro Colón pasar a chamarse Teatro María Casares. Porén, nun acto público, na presentación do documentario de Xavier Villaverde “María Casares. A muller que viviu mil vidas”, realizado o pasado 21 de novembro nese mesmo espazo escénico, a alcaldesa manifestou o seu apoio á iniciativa de axentes culturais da cidade a prol da mudanza na denominación do teatro.

Esta contradición na postura do grupo municipal socialista leva o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, a formular unha pregunta oral ao Goberno coruñés no Pleno ordinario que se vai realizar este martes 13D.

“Queremos saber se as palabras da alcaldesa significan que ela e o Goberno Local están dispostos a rectificar a súa posición orixinaria, a expresada no Pleno do 10 de marzo”, indica Jorquera. “Que o Teatro Colón mudase a súa denominación e levase o nome de María Casares sería darlle o colofón que merece ao ano María Casares”, remarca.

Lembra Jorquera que o Teatro Colón adoptou o seu nome “simplemente como emulación do teatro homónimo de Bos Aires”, sen que haxa ningún vínculo entre Cristóbal Colón –“á marxe da valoración que a cada un de nós lle mereza a súa figura histórica”- e a nosa cidade.

“En troca, sería un xusto recoñecemento ligar o nome da grande actriz coruñesa a un dos teatros senlleiros da nosa cidade”, apunta Jorquera.

“Como dixo Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e amigo da actriz”, esténdese o noso portavoz, “o nome da cidade da Coruña, con dous teatros a levaren nome de muller (Rosalía Castro e María Casares), brillaría aínda máis, sen dúbida, entre nós e no mundo”.

Un comentario

  • JULIO ASOREY

    Sr.Jorquera,que recuerde Vd. a Casares Quiroga con la disculpa de su hija actriz,no está mal pero hay cosas más importantes que este tipo de «nominaciones».

    Ese complejo típico de «bautizar» y quitar o poner nombres es una «enfermedad casi «incurable» en este Pais ( lo peor es que en algunos casos ,cuesta dinero de los demás ciudadanos).

    Observe si hay complejo que al remolcador de salvamento lo bautizaron DON INDA (INDALECIO PRIETO),para despistar a los de «la competencia» (Así, no le cambiaban el nombre ,en la «confirmación»).
    Asi que ya sabe ,siga en lo que «sabe hacer» con seriedad.
    Es de agradecer para algunos su deseo ,pero no presione por que aunque cambien los nombres el «coruñes de toda la vida» ,seguirá a lo suyo!.(con los nombres de las calles pasa igual )
    Personalmente ,haría tipo N.York (unas Avenidas principales y lo demás por números ),así tambien ayudaba a Correos a
    no tener los líos con las calles,(que se repiten más de lo deseable desde hace muchos años.

    Además lo de Colón ,tiene la ventaja de no «mosquear» a los de la «competencia»!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.