Modesto Renda: «En Xullo arrincamos un acordo de investimentos nas parroquias e hoxe comeza a dar resultados coas primeiras 17 obras»

Sae a licitación a renovación dos primeiros accesos e vías nas parroquias, froito do último acordo entre o Goberno e VA. Un desbloqueo “máis que fundamental en materia de investimentos” en palabras do voceiro da formación, Modesto Renda, quen lembrou que, sen este acordo “o Concello non tería apenas marxe para executar” (as contas continúan prorrogadas dende o último ano do PP) o que se traduciría nun “ano perdido para o rural.”

Renda, que puxo en valor o modelo de oposición “seria e en positivo” de Vilalba Aberta, mostrouse especialmente satisfeito por un desbloqueo, dende hai meses, perseguido pola formación municipalista.  “En Xullo arrincamos un traballado acordo e hoxe comeza a dar resultados. Agora é o intre de cumprir coas parroquias que faltan e o goberno local ten a nosa proposta sobre a mesa”, explicou.

PRIMEIROS TRABALLOS COMPROMETIDOS

Os primeiros traballos terán lugar nos viais de Fontemarín e O Pedrouzo (Román); Casasnovas, Gradela e da LU-120 á LU-P-6514 (Rioaveso); Reboredo (Nete); Vieiros e Granxa (Ladra); Cadavas e A Granda (Xoibán); Rebordaos (Insua); Carralmaior, O Iglesario, Amarigo, Casasnovas e Penelas (Alba), e Marcelle (A Torre).

O investimento será de 309.000 euros nuns viais que dan acceso a núcleos e barrios, cunha importancia fundamental para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.