Numerosa acollida de ‘O Corpo Aberto’ en Galicia durante a finde da súa estrea

– Códex Cinema
Xoves 15Dec ás 20:30h
Coloquio con Pepe e Jorge Coira
SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Numax
Sábado 17Dec ás 17:45h.
Coloquio con Ángeles Huerta e María Vázquez
https://numax.org/cinema/ficha/o-corpo-aberto
O listado de cinemas galegos nos que se poderá ver a peli ata este xoves é o seguinte:
A CORUÑA – CANTONES –
A CORUÑA – MARINEDA –
A CORUÑA – Yelmo ESPACIO –
A CORUÑA – Yelmo ROSALES –
FERROL- DUPLEX –
XINZO – GESMA –
LUGO – Yelmo AS TERMAS –
LUGO – CODEX –
NARÓN – ODEÓN –
OURENSE-PONTE VELLA-
SANTIAGO – Minicines COMPOSTELA –
SANTIAGO – NUMAX Cinema –
SANTIAGO – AS CANCELAS –
VIGO-GRAN VÍA –
VIGO – Multicines NORTE –
VIGO – YELMO TRAVESÍA –
A ESTRADA – Minicines CENTRAL –
O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.
Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da «raia seca», na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos.
Os límites, as «raias» ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.
Sinopse:
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, una aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da vila libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.