O Congreso aproba unha moción do GPP para solicitar ao Goberno a restitución dos servizos ferroviarios suspendidos pola pandemia

Aprobada cunha ampla maioría no Congreso dos Deputados unha moción do GPP solicitando ao Goberno a restitución dos servizos ferroviarios que suspendeu cando declarou o Estado de Alarma pola pandemia. Coa aprobación da moción, tamén se insta ao Goberno a recuperar a plantilla de maquinistas, revisar as tarifas implantadas por Renfe para evitar o prezo dos billetes e tamén acelerar a construcción dos corredores ferroviarios, coma o Corredor Atlántico que afecta a Galicia.
“Non podemos resignarnos ao deterioro progresivo dos servizos ferroviarios en España -retrasos, avarías, problemas dos usuarios, etc-. que teñen especial incidencia na nosa provincia e, polo tanto, instamos ao Goberno a adoptar medidas”, explica o deputado lucense do PP, Joaquín García Díez.

O deputado popular considera aos servizos ferroviarios “un medio de transporte fundamental que na provincia está cada día máis deteriorada e que non responde ás necesidades dos usuarios, a pesar das promesas sobre inversións que realizou o Goberno de Sánchez durante os últimos anos”. E, en relación aos PGE para o 2023, lembra que “o PP segue insistindo na necesidade de que se constrúan as variantes programadas entre Lugo e Monforte e entre Monforte e Ourense para acortar os tempos de viaxe”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *