O Pleno da Deputación de Lugo aproba as bases do Plan Único 2023

O Presidente subliña a importancia de aprobar por terceiro ano consecutivo as bases do programa de investimentos no ano anterior ao seu período de vixencia porque permite ás entidades locais “empezar a planificar e tramitar as accións unha vez se publiquen, nos vindeiros días, no Boletín Oficial da Provincia”
O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante no Pleno ordinario deste mes as bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos para o vindeiro ano 2023, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. Os grupos do PSdeG e o BNG votaron a favor da iniciativa, mentres que o PP se abstivo.
O Presidente, José Tomé Roca, subliñou a importancia de aprobar, por terceiro ano consecutivo, as bases do Plan Único no ano anterior ao seu período de vixencia porque, desta forma, as entidades locais “poden empezar a planificar e tramitar as accións unha vez se publiquen, nos vindeiros días, no Boletín Oficial da Provincia”. Isto permite aos concellos planificar con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan poden aproveitar mellor os fondos.
O mandatario provincial destacou que a aprobación deste Plan nestas datas é posible grazas a que o Goberno sacou adiante en tempo e forma o Orzamento da Deputación para o vindeiro ano, de maneira que entrará en vigor a principios de xaneiro.
Pola súa banda, a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, incidiu durante a sesión plenaria en que co Plan Único a institución garante “un reparto xusto dos fondos públicos con criterios obxectivos, iguais para todos”, e “respecta plenamente a autonomía municipal”.
A Deputada lembrou as continuas melloras introducidas no Plan Único este mandato para que sexa máis útil para os concellos, como a aprobación das bases no ano anterior o seu período de vixencia, a posibilidade de imputar gastos de obras e contratos de persoal dende principios de ano ou a simplificación dos trámites administrativos, especialmente beneficiosa para as entidades locais máis pequenas, que teñen menos recursos técnicos e de persoal.
Como exemplo do “impacto social e económico” desta ferramenta, a voceira socialista aludiu a que a Deputación inxectou dende o ano 2019 un total de 85,3M€ nos concellos, gracias ós que puideron acometer en torno a 1.500 obras e subministacións, e cos que crearon máis de 1.200 postos de traballo.
Desta forma, destacou, o Plan Único, xunto coas outras medidas de cooperación cos concellos que ofrece a institución, “converteron á Deputación nunha administración esencial para o funcionamento dos concellos”.
A voceira lamentou unha vez máis que as administracións gobernadas polo Partido Popular, como a Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense, sigan sen contar con un plan de distribución dos fondos públicos con criterios obxectivos, porque iso favorecería “a calidade democrática e o desenvolvemento social e económico dun xeito equilibrado”.
Reparto segundo criterios públicos e obxectivos
O Plan Único 2023 da Deputación mantén a súa esencia a través da distribución con criterios públicos e obxectivos dos fondos provinciais entre os 67 concellos da provincia. A poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística, son os criterios de reparto que aplica a institución. Ademais, fixa unha contía máxima de 500.000€ e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento dos concellos máis pequenos.
Distribución dos fondos por concello
CONCELLOS | ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN ÚNICO 2023 |
ABADÍN | 335.804,54 € |
ALFOZ | 273.995,35 € |
ANTAS DE ULLA | 272.747,76 € |
BALEIRA | 276.296,87 € |
BARALLA | 292.976,43 € |
BARREIROS | 277.119,97 € |
BECERREÁ | 303.574,24 € |
BEGONTE | 295.784,17 € |
BÓVEDA | 246.364,71 € |
BURELA | 376.038,17 € |
CARBALLEDO | 318.711,89 € |
CASTRO DE REI | 396.587,67 € |
CASTROVERDE | 305.619,12 € |
CERVANTES | 332.703,36 € |
CERVO | 297.110,59 € |
CORGO (O) | 341.315,93 € |
COSPEITO | 362.931,93 € |
CHANTADA | 471.759,24 € |
FOLGOSO DO COUREL | 269.630,00 € |
FONSAGRADA (A) | 443.922,66 € |
FOZ | 432.221,54 € |
FRIOL | 413.142,08 € |
GUITIRIZ | 446.412,53 € |
GUNTÍN | 317.600,92 € |
INCIO (O) | 287.396,58 € |
LÁNCARA | 297.420,04 € |
LOURENZA | 252.600,77 € |
LUGO | 500.000,00 € |
MEIRA | 224.374,74 € |
MONDOÑEDO | 308.807,58 € |
MONFORTE DE LEMOS | 500.000,00 € |
MONTERROSO | 306.088,41 € |
MURAS | 283.030,44 € |
NAVIA DE SUARNA | 304.484,51 € |
NEGUEIRA DE MUÑIZ | 193.974,69 € |
NOGAIS (AS) | 246.667,94 € |
OUROL | 304.070,74 € |
OUTEIRO DE REI | 360.200,15 € |
PALAS DE REI | 377.924,56 € |
PANTÓN | 329.913,00 € |
PARADELA | 289.369,51 € |
PÁRAMO (O) | 246.385,30 € |
PASTORIZA (A) | 326.549,81 € |
PEDRAFITA DO CEBREIRO | 252.918,67 € |
POBRA DO BROLLÓN (A) | 283.149,94 € |
POL | 268.747,28 € |
PONTENOVA (A) | 273.711,58 € |
PORTOMARÍN | 264.502,12 € |
QUIROGA | 351.081,93 € |
RÁBADE | 196.033,06 € |
RIBADEO | 452.223,53 € |
RIBAS DE SIL | 230.437,41 € |
RIBEIRA DE PIQUÍN | 234.656,94 € |
RIOTORTO | 237.923,98 € |
SAMOS | 284.719,95 € |
SARRIA | 500.000,00 € |
SAVIÑAO (O) | 383.437,48 € |
SOBER | 323.018,19 € |
TABOADA | 327.407,74 € |
TRABADA | 255.673,49 € |
TRIACASTELA | 204.770,70 € |
VALADOURO (O) | 288.076,16 € |
VICEDO (O) | 258.254,82 € |
VILALBA | 500.000,00 € |
VIVEIRO | 500.000,00 € |
XERMADE | 308.384,47 € |
XOVE | 281.240,12 € |
TOTAL | 21.500.000,00 € |