O PP reafirma o seu compromiso co deporte ao axudar na adquisición de mochilas para o Ribadeo FS

O coordinador de deportes, Tito Suárez, explica que era unha achega que levaban pedindo tempo desde o club

O Ribadeo FS é un dos clubes máis representativos do municipio polos valores que inculcan a os nenos e nenas do club. No encontro que tivo lugar entre o grupo municipal popular e o club de fútbol sala ribadense, pediron a axuda para adquirir 70 mochilas para os membros do club.

O grupo municipal popular resalta o seu compromiso axudando ao club na tramitación dunha das achegas da Xunta e Galicia para a renovación do equipamento do club.

Neste sentido, o coordinador de deportes, Tito Suárez, explica que “nos seguimos traballando polo deportes ribadenses, mantendo o noso compromiso coas entidades deportivas. O Ribadeo FS demandábamos, despois de varias reunións, unha achega para contar con novas mochilas para a temporada 2022-2023, e por iso axudamos nas xestións ante a Xunta de Galicia e agora xa contan co equipamento”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.