Podemos Ourense pide a Jácome que “emende o seu erro” e consiga a bonificación do goberno para o bus Urbano.

Podemos Ourense pide a Jácome que “emende o seu erro” e consiga a bonificación do Goberno para o bus urbano.

Ourense, 30 de Decembro de 2022. Tralo anuncio por parte do Goberno de coalición sobre a prórroga do desconto no transporte público para 2023, Podemos pregúntase que pasará en Ourense se o Goberno de Jácome non puido conseguir a primeira bonificación deste ano por impagos á Seguridade Social.

Víctor Ferreiro, o candidato de Podemos a alcaldía de Ourense, considerou “nefasta” a xestión do alcalde do transporte público. “Por culpa da súa incompetencia os ourensanos e as ourensanas non puideron beneficiarse dos descontos do Goberno. Foi unha oportunidade perdida para Ourense nun contexto moi difícil para as familias e tampouco tivo ímpetu por solucionalo.”

“Pedísmolle a Jácome menos espectáculos e máis solucións, que arranxe esta desfeita e que consiga as bonificacións para as ourensanas. Sabemos que está máis preocupado de dar a nota que de gobernar, pero xa é hora de que busque solucións para sumar Ourense á liña de financiamento que tanto pode beneficiar ás usuarias de transporte público”, continúa Ferreiro.

Neste senso, Podemos pide a Jácome que aclare o antes posible as súas intencións para os descontos no bus urbano e ínstao a poñer “todos os esforzos” para emendar o seu erro. “En 2023 queremos unha Ourense que facilite o acceso ao bus sen que supoña un esforzo para os petos”, alega Ferreiro.

No paquete de propostas da formación, encádrase o aumento da frecuencia das liñas do autobús e a implementación dunha tarifa plana asequible ata chegar a subvencionar un 100% do prezo.

Podemos Ourense defende un modelo onde os desprazamentos de longa distancia poidan resolverse mediante transporte público para contribuír a un modelo de mobilidade sostible e xusto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *