Rueda, puxo en valor a aposta pola internacionalización e innovación que está a facer o tecido empresarial galego

Tras ter visitado esta semana as instalacións no porto de Ferrol da empresa galega Pérez Torres Marítima, un dos principais operadores loxísticos de España e en proceso de expansión tras a apertura de varias delegacións internacionais.

Rueda gabou a profesionalización que están a levar a cabo moitas empresas galegas, como Pérez Torres, que iniciou a súa actividade no porto de Marín en 1962 enfocada cara á carga refrixerada e, desde aquela, non parou de medrar en operacións en Ferrol-San Cibrao, especializándose en carga e descarga de produtos forestais e compoñentes eólicos; e tamén na Coruña, Cariño, Ribadeo-Burela e Vigo; e seguiu ampliando a súa actividade coa apertura de dúas delegacións en Aveiro (Portugal) e Xangai (A China).

O presidente galego tamén puxo como exemplo a esta empresa, no feito de que reflicte a adaptación das dimensións, da aposta pola innovación e da procura de elementos diferenciadores que son cuestións importantes ás que lles está a dar pulo o tecido empresarial galego para dar cumprida resposta ás demandas do mercado, ao tempo que acadar ser máis competitivo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *