Xa podes mercar o libro #CrónicasDeArteixo3 de Xabier Maceiras

Xa tes ao teu dispor o libro #CrónicasDeArteixo3 no Café Melandrainas de Arteixo, en todas as librarías de Arteixo e na libraría Sisargas da Coruña.O autor Xabier Maceiras vén de publicar o seu novo traballo, Crónicas de Arteixo III, un libro prologado polo escritor Henrique Rabuñal.

Nesta edición rescátase o Arteixo de antes, como memoria non contada en ningures. Abránguense imprescindibles temas, situacións e personaxes deste concello. Amósase a verdadeira paixón pola importancia das fontes orais que adoitan ser o único manancial de información.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *