12 meses, 12 invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade

Verdegaia presenta a campaña ’12 Meses, 12 Invasoras’ que decorrerá ao longo de 2023 co obxectivo de visibilizar o problema que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI)

As Especies exóticas invasoras son a segunda principal causa de perda de biodiversidade, ao estenderse impiden o desenvolvemento das especies autóctonas provocando unha alteración no equilibrio dos ecosistemas. E as previsións non son nada positivas, estudios recentes prognostican que ata 2050 as EEI crecerán un 64% en Europa, converténdoa no principal destino mundial de plantas e animais invasores, unha situación que é consecuencia directa do incesante crecemento de desprazamentos de mercadorías e persoas.

Empezamos a campaña adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos, a Xuncia (Cyperus eragrostis).

Así, este Domingo 29 de Xaneiro imos realizar unha actividade de eliminación desta planta en Vilaboa, concretamente no río Maior. Un espazo natural moi ben conservado pero que tamén experimenta o azote das Especies exóticas invasoras (EEI).

Ficamos ás 11:00 diante da Casa da cultura de Riomaior (42°19’27.1″N 8°39’21.7″W). A participación é gratuíta e a organización prestará as ferramentas e as luvas necesarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.