O Partido Galeguista celebrará o 137 aniversario de Castelao no Panteón dos Galegos Ilustres, Santo Domingo de Bonaval

O Partido Galeguista ven celebrando o nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao dende os primeiros anos da Transición e facémolo porque é de xustiza lembrar e recoñecer, permanentemente, o seu legado político coa transformación, desenvolvemento e benestar da nosa xente e da Nosa Terra.

Castelao foi unha personalidade universal e exemplar que empregou todos os seus recur- sos emocionais e creativos en favor do recoñecemento da identidade do pobo galego en todos os eidos: as artes plásticas, a publicidade, a escritura e, por suposto, a política. Esta bagaxe permitiulle retratar o vivir e sentir do pobo galego ao longo das épocas convulsas da nosa historia e tendo sempre, no norte da súa actuación, a loita polo recoñecemento de Galicia como pobo diferenciado dentro do conxunto dos pobos da Península Ibérica, de Europa e do Mundo.

Os galeguistas do PG, entendemos, e así ímolo defendendo e reclamando a través do tempo, que as entidades representativas e executivas do pobo galego, Parlamento, Xunta de Galicia e Deputacións, recoñezan institucionalmente ao Consello de Galicia (Goberno Galego no exilio) que, presidido por Daniel Castelao, foi creado na cidade de Montevideo o 15 de novembro de 1944, inspirado no mandato lexítimo e democrático dos deputados galegos exiliados no Río da Plata: Ramón Suárez Picallo, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos e Daniel Castelao.

Como é habitual no noso compromiso político de manter vivo o legado de Castelao, pro- gramamos para este 29 de xaneiro dúas actividades de singular importancia para situar no cen- tro da política galega o noso reclamo de recoñecemento polo traballo desenvolto polos nosos exiliados.

Intervirán no acto

Xan Leira, Mantedor do acto Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo

Luis González Tosar, escritor e membro do PG de Ourense

Ana Vila Portomeñe, a poeta labrega e coordinadora do PG na Ribeira Sacra

Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Francisco López Chesqui, Secretario Xeral do Partido Galeguista Miguel Ángel Santalices, Presidente do Parlamento de Galicia Intervención musical do Cuarteto da Oca.

Ofrenda floral e interpretación do Himno galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.