A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Aninovo cun concerto no Auditorio do Centro Cultural de Beade

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Aninovo maña sábado 14 de xaneiro, cun concerto que conta coa colaboración do Concello de Vigo. A cita é ás 19 horas no Centro Cultural de Beade con entrada libre ata completar aforo.

En primeiro lugar actuarán, os máis pequenos, membros da Orquestra Infantil baixo a dirección de Raquel Fernández e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto dirixida por José M. Fernández. Ademáis actuará o Coro formado por pais, nais, amigos e familiares de membros da Orquestra baixo a dirección de Jacobo García.

Como novidade, nesta ocasión a Orquestra Xuvenil actuará baixo a batuta de Victor Fernandez como director invitado. Victor Fernandez é violinista e violista. Nacido en Cuba e residente en Estados Unidos, é licenciado en Música, en Pedagoxía Musical e en Interpretación. Obtivo o galardón do mellor profesor do ano de Sarasota na edición 2012 e finalista para ese premio no Condado de Palm Beach en 2021.

Foi director de varias orquestras como a Leon High School e a Middle School, a Tallahassee Youth Orchestra, a Sarasota Youth Symphony Orchestra, e na actualidade é director na North Palm Youth Symphony.

O concerto dunha hora de duración está enfocado á familias e mozos co obxectivo de difundi-la música clásica entre o segmento máis novo da poboación. Nel interpretaranse obras de Haendel, Mozart, Strauss e Tchaikovsky ademáis dunha selección de villancicos tradicionais.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.