A Xunta pedíu sen éxito á Deputación de Lugo unha reunión previa para consensuar a proposta do convenio colectivo cos bombeiros do consorcio

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aclarou hoxe que a Xunta de Galicia non se negou a estudar a proposta do convenio colectivo dos bombeiros que integran o consorcio provincial, senón todo o contrario, explicando que solicitou en varias ocasións á Deputación de Lugo, con quen comparte a prestación do servizo, levar unha proposta consensuada que presentar aos traballadores, dada a importancia do asunto.

Javier Arias explica que nos escritos enviados desde a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, púxose a disposición da Deputación para desprazarse ata a sede de San Marcos as veces que foran necesarias, co obxectivo de analizar con tempo, seriedade e rigor a proposta de convenio colectivo deste consorcio.

Consideramos, sinala o delegado territorial, que o que esixe esta situación é unha reunión previa entre administracións e outra en datas posteriores co comité de empresa, e non dúas citas seguidas cunha hora de diferencia como se foran reunións de mero trámite. Ademais, explicou que seguimos dispostos a ter esta reunión para consensuar posturas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.