Aberto o prazo de solicitudes das axudas para a contratación de persoal técnico de cultura en 2023

Os concellos teñen ata o 28 de febreiro para presentar as solicitudes

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina neste exercicio 770.000 euros á liña de axudas para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro.

A subvención destinarase ao mantemento ou creación de postos de traballo de técnicos e técnicas en animación sociocultural ou en xestión cultural. As axudas a conceder terán un máximo de 15.000 euros, no caso do persoal técnico en xestión cultural, e de 10.000 euros, no caso do persoal técnico en animación sociocultural.

«Contribuír á profesionalización dos departamentos de cultura nos concellos, promover boas prácticas, e fomentar as programacións culturais estables é a finalidade desta convocatoria que, pensamos, resulta indispensables para achegar a cultura de calidade a toda cidadanía» asegura o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal.

As bases están publicadas do Boletín Oficial da Provincia do 30 de xaneiro e poden cosultarse e descargarse na seguinte ligazón: bit.ly/3kH0LB1

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.