Amigas das Árbores fuxe dos intentos de manipulación, das mentiras, dos enganos; por principios éticos e morais non entra nas nosas maneiras de proceder

Dende Amigas das Árbores dixémolo o día (12 de xaneiro do 2023) facendo referencia aos ARBORICIDIOS da Praza Xoán XXIII (Praza dos Ovos) de Xinzo por parte dos responsables do concello  Pola talla polo pé das árbores que está facendo a Consellería de infraestruturas da Xunta de Galicia nas entradas a Ourense (Mariñamansa-Seixalbo, Ceboliño-A Rabaza, zona da Derrasa-O Pinto…).

Dixémolo polo estrago patrimonial (arqueolóxico, histórico-monumental, medioambiental, paisaxístico…) que a Deputación de Ourense está levando adiante no BIC de San Pedro de Rocas…
Dixémolo e decímolo: laiámonos polas actuacións do conxunto das administracións públicas de Galicia, esiximos que deixen de estragar o patrimonio vivo de máis valor do país e preguntámonos, por que lle teñen xenrreira ás árbores?

Amigas das Árbores fuxe dos intentos de manipulación, das mentiras, dos enganos; por principios éticos e morais non entra nas nosas maneiras de proceder.

As veces intentan «embulleirar» as nosas actuacións acusándonos de silencio según que cor político é a que ordea e estraga as árbores, os ecosistemas o patrimonio natural…Nunca foi, nin é a nosa forma de actuar.
Profunda mágoa por que sigan estragando o noso patrimonio arbóreo mais, parece que hai algo de luz diante de tanta escuridade  un medio de comunicación (non pediu a nosa opinión) e un diputado autonómico limiao preocupase polo arboricidio da Praza Xoán XXIII de Xinzo de Limia «albricias!!!» podemos esta diante do comezo do freo dos arboricidios!!! pois unha petición por un diputado do PP (teñen maioríano Parlamento galego) solicitando a protección das árbores de vilas, cidades, estradas, das árbores de valor patrimonial, dos conxuntos arboreos singulares, da realización de programas de formación sensibilización sobre o valor das arbores, da aplicación de criterios da arboricultura con xeito…unha sinxela petición remataría cos arboricidios inxustificados.

«Incluso as flores que florecen máis tarde ou cedo acaban secándose. Quen no noso mundo non se atopa en perpetuo cambio?».

Amigas das Árbores está a disposición dos medios de comunicación, concellos, diputados, dos cidadáns…que precisen asesorameno, información ou aclaracións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.