Continúa o apoio masivo na Mariña á ILP en defensa da atención primaria

O BNG recolleu sinaturas hoxe en Ribadeo, onde se repiten os problemas deste verán e mañá estarán desde ás 10 en Foz no Centro de Saúde

O apoio á Iniciativa Lexisativa Popular en defensa da atención primaria que promoven SOS Sanidade Pública, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, e outros colectivos sociais, continúa na comarca, concello a concello, e os problemas repítense nos centros de saúde, onde a falta de persoal facultativo lonxe de solucionarse acentúase día a día e servizos tan importantes coma o de pediatría están practicamente en cadro,  e sen esquecer tamén a situación que atravesa atención hospitalaria, onde os m2 de ampliación non se traducen en máis servizos.

No caso de Ribadeo durante o último ano e medio nunca estivo o cadro médico ao completo, sendo habitual a falta dun tercio do mesmo e nos últimos días do ano repetiuse a situación vivida no verán, de estar só 3 médicas de mañá. A todo esto hai que sumarlle que desde a xubilación da matrona no mes de decembro só se cubre o servizo 1 ou 2 días á semana.

Mobilización o 19 de xaneiro

Ao igual que viñeron facendo nas demais localidades da comarca,  o BNG recolleu hoxe sinaturas en Ribadeo, convidando tamén á cidadanía a asistir á manifestación que a Plataforma Sanitaria convoca en Burela, con saída do Hospital ás 20:00 o xoves 19 de xaneiro, en contra do desmantelamento da sanidade pública.  A esta recollida en Ribadeo asistiron membros do goberno municipal e o deputado Daniel Castro, que recordou as numerosas iniciativa levadas polo BNG ao Parlamento diante dos graves problemas que atravesa a sanidade pública no país, e especialmente na comarca agravándose nos últimos anos desde que o Partido Popular eliminou a Área Sanitaria da Mariña. “As mariñás e mariñaos temos moitos motivos para saír á rúa, para defender o noso ben mais prezado que o PP quere desmantelar: a sanidade pública”  afirmou Castro.

O xoves 5, ás 10:00, recollida de sinaturas en Foz

Este xoves 5 de xaneiro recollerán sinaturas en Foz, no Centro de Saúde desde as 10:00, onde neste Nadal a Consellería de Sanidade deixou sen cobertura médica ás veciñas e veciños de Foz, feito que foi denunciado polo BNG respondendo o Sergas con total improvisación inventándose unha quenda de media xornada sen anuncio público  nin coñecerse o horario desa prestación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.