Dani Vega: “Comezan os seráns de teatro en Ribadeo, unha iniciativa das asociacións de veciños e de todas as parroquias que está financiado pola Xunta de Galicia”

«Desde o grupo municipal recollemos a proposta e xestionamos o orzamento que se precisaban para a realización destas xornadas de teatro»
Dani Vega destaca que o obxectivo é dinamizar a actividade cultural no municipio durante todo o ano e non só nos meses de verán
O pasado domingo comezaron estas xornadas en Vilaframil cunha obra teatral feita polo grupo Adala de Fazouro baixo o nome de Que vivan os noivos