Desprazamento importante para o Calvo Basket Xiria

Logo dunha semana de gran traballo e preparación o Calvo Basket Xiria está listo e disposto a “asaltar a pista” do PBB Godoy Maceira en Porriño, sabedores de que é dos equipos máis sólidos e conxuntados da Liga EBA
Moi boa semana de adestramentos, moi contentos o corpo técnico e xogadores, tras os tres adestramento que levou a cabo o equipo. Ademais dende o parón de nadal, non tiñamos tan boas sensacións, xa que por mor de pequenas lesións e algún que outro arrefriado, non puidemos adestrar perfectamente, coma nesta semana, quizá unha das mellores do ano.
Comenta o adestrador Héctor Méndez, que a pesar das derrotas, contra equipos bastantes físicos, o equipo esta a dar un paso adiante nos adestramentos e intentar suplir esa carencia física con ilusión e gañas. Por iso estamos contentos e satisfeito co rendemento do equipo. Queda o adestramento do venres, no que o CALVO BASKET XIRIA tentará afianzar o plan de partido e seguir mantendo a intensidade desta semana, para así ir a Porriño a competir e dalo todo.
O PBB GODOY MACEIRA un equipo que leva moitos anos na categoría, moito tempo xogando xuntos e saben competir moi ben. A maioría dos partidos que chegan apertados no marcador, caen do seu lado e mais na súa casa. Así foi no partido en Carballo, moi parello no electrónico todo o partido e pola maior experiencia dos xogadores de Porriño, finalmente levaron aos carballeses a unha derrota.
15ª Xornada – Liga EBA: PBB GODOY MACEIRA vs. CALVO BASKET XIRIA
SABADO 28 · 20.15h | PAVILLÓN PORRIÑO