Este sábado proxéctase na Casa-Museo Manuel María “Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella”

Un filme documental sobre a zanfona desde a óptica dun dos pioneiros galegos, Miro Casabella

Este sábado, 28 de xaneiro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María programa a proxección do filme documental, dirixido por Federico A. Rioboo e producido por Cántigas da Terra, “Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella”. Un documentario de sesenta minutos sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos, o músico de Ferreira do Valadouro, Miro Casabella.

O fío condutor do filme é unha investigación sobre a zanfona e a súa relación co Camiño de Santiago que inicia a aula de zanfona de Escolas da Terra, liderada por Miro Casabella, e pertencente a Cántigas da Terra, coro galego fundado polas Irmandades da Fala da Coruña en 1916. Miro, acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, viaxa por toda Galiza na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presenza de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galiza.

A proxección é de acceso libre mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas protagonizará a sesión deste sábado do Clube de Lectura da Casa-Museo que contará coa presenza da súa escritora, Luz Campello.

Tamén o propio sábado, ás 18.30 hrs, o Clube de Lectura da Casa-Museo contará coa compaña dunha convidada especial, a poeta de Labrada (Guitiriz), Luz Campello, que  vén de publicar hai uns meses o poemario Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas, libro este que será obxecto de lectura e comentario da sesión deste sábado xunto a novela de Brais Lamela, Ninguén Queda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.