Exposición de Cristina Roo no Espazo de Arte de Roberto Verino

Nova exposición de acuarelas e óleos de Cristina Roo “Desde mi ventana veo llover” con imaxes de Roberto Verino e a autora. A mostra poderá verse ata o 4 de marzo no Espacio de Arte de Roberto Verino na Rúa do Paseo de Ourense
A obra de Cristina Roo é un homenaxe ao cotiá baixo a choiva de Ourense, visto dende a sua fiestra. As esceas desenvólvense nas ruas da sua vila. Presenta a xente camiñando, que van e veñen, falan, apresúranse ou simplemente pasean… un día de choiva.
O movemento e o anonimato das personas é o que inspira á artista e é o que plasma na súa obra, invitándonos a imaxinar as súas historias e o seu destino.
A perspectiva dende a súa fiestra fai que o parauguas adquira protagonismo, formando parte da persoa, dándolle anonimato e á vez personalidade, como se as cores e formas tamen falasen de nos. Crea así un espazo persoal protexido, solitario ou compartido.
A artista pausa o camiño dos protagonistas sen deixar de captar o movimiento no cadro, poñendo o foco na importancia que cada paso ten para chegar ao destino, na importancia de seguir camiñando, malia que chova.
Se ben a choiva forma parte da obra, nos oleos e acuarelas non se debuxa, pero síntese.