Falecen dúas mulleres no incendio dun piso en Ourense

Os feitos sucederon nun edificio situado na rúa Manuel Lago, ao fío das 7:30 horas desta mañá

Os servizos de emerxencia desaloxaron o edificio como medida preventiva. Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local e Nacional.

Segundo confirmaron os axentes da Policía Nacional ao 112 Galicia, as dúas mulleres falecidas, de 71 e 50 anos, se atopaban no piso no que se declarou o lume. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvalas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.