Filosofía e Teatro: «A Liorta»

Dentro das actividades de conmemoración do 40 aniversario da Aula Castelao de Filosofía a nosa entidade organiza a posta en escena en Pontevedra da obra «A Liorta» de Avelaíña Teatro o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20:30 h. no Teatro Principal. A entrada será libre e gratuíta.

Sipnose

Na mesma crise do Antigo Réxime e na mesma xénese da Idade  Contemporánea, asistimos a un intenso debate de Filosofía Política entre dúas  das figuras máis senlleiras da Ilustración: Voltaire e Rousseau, ambos  proscritos polo poder vixente. Voltaire mira o mundo pola fiestra da Razón  burguesa e a súa proposta vai na liña dos intereses do capital: o liberalismo.  Rousseau mira pola fiestra dos desposuídos e deseña a súa utopía desde o  desexo de igualdade, o sentimento de liberdade e a esperanza de felicidade,  sendo o precursor e inspirador do romanticismo e do socialismo.

O desencontro da súa traxectoria intelectual culmina coa publicación do  panfleto anónimo, O sentimento dos cidadáns, que Voltaire escrebe e difunde  contra Rousseau coa finalidade de desacreditar a persoa e desautorizar o  autor.

Asistimos á orixe do debate entre as dúas principais ideoloxías do mundo  contemporáneo: o liberalimo e o socialismo. 

En A LIORTA polemizan sobre a providencia e o problema do mal, o  sentimento e a razón, a natureza e a cultura, sociedade, igualdade e liberdade,  se a propiedade é un dereito ou un crime, e o poder, usando a lóxica propia da  palestra política, inzada de ironías, falacias, insidias e insultos, non para  convencer, senón para vencer e humillar ao adversario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.