Indignación na Hosteleria de Compostela polas declaracións da concelleira Mila Castro

Desde a Asociación Hostelería Compostela e por alusións ás declaracións realizadas pola concelleira responsable de Medio Ambente, Mila Castro, e difundidas en distintos medios de comunicación, nas que nos acusa de falta de honestidade, queremos lembrar que «a nosa asociación sempre leva a asemblea calquera acordo que poida prexudicar ao sector», e que os representantes de Hostelería Compostela que acoden ás reunións co Concello de Santiago «son os portavoces do acordado nesas asembleas», tal e como sinala o presidente da entidade, Thor Rodríguez.Explica ademais que «tanto á prensa como á Concellería responsable do servizo de recolleita de lixos informóuselles de antemán que o proposto polo Concello o día mércores 18 sería levado a asemblea», e que na mesma, «acordouse que as melloras propostas non era suficientes e por tanto, había que seguir traballando man a man co Concello para chegar a un acordo».Neste sentido, Rodríguez fai fincapé en que «unha persoa non pode decidir polos 609 asociados da nosa institución», lembrando que «a nosa intención é seguir traballando na senda da negociación e conseguir que o sistema de reciclaxe non prexudique a hostaleiros, veciños e ao propio planeta».

“Lamentamos as súas desafortunadas declaracións, pero confiamos en poder traballar conxuntamente para alcanzar pronto un acordo”, concluíu o presidente de Hostelería Compostela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.