Isabel Rodríguez reafirma “o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Lugo” coa posta en marcha do novo Xulgado de Primeira Instancia

O novo xulgado en Lugo forma parte da execución por parte do Ministerio de Xustiza de 70 novas unidades xudiciais en toda España, 3 en Galicia, correspondente á programación de 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe que “o Goberno de Pedro Sánchez reafirma o seu firme compromiso coa provincia de Lugo coa posta en marcha do novo Xulgado de Primeira Instancia”. A subdelegada celebrou que desde hoxe Lugo dispoña dun novo órgano xudicial de Primeira Instancia, o número 6, durante unha visita esta mañá ás instalacións que acollen estas dependencias xudiciais, situada na sede dos Xulgados de Lugo, e na que tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, o presidente en funcións da Audiencia Provincial de Lugo, Edgar Armando Cloos; a xuíza decana de Lugo, Olalla Díaz; o fiscal xefe de Lugo, Roberto Brezmes, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, así como outras autoridades.

“Estamos de parabén, pois hoxe bota a andar unha nova unidade xudicial moi necesaria para os lucenses, coa que desde o Goberno buscamos atender, aliviar e resolver a carga de traballo existente na Administración de Xustiza en Lugo”, manifestou a subdelegada que explicou que esta nova dotación amosa a aposta do Executivo Central co servizo público de Xustiza e subliñou que “é un avance para seguir impulsando a transformación que está a vivir o sector no noso país”.

Isabel Rodríguez explicou que, coa creación do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Lugo, o Ministerio de Xustiza cubre unha necesidade xerada pola acumulación de procedementos na xurisdición de Primeira Instancia, unha das que soporta maior carga de traballo, agudizada polos procedementos suspendidos durante os meses da pandemia. “Grazas a este novo órgano xudicial os profesionais darán saída áxil aos volumes de traballo acumulados, cubrindo as necesidades existentes, e os cidadáns verán unha xustiza máis eficaz e eficiente, garantindo a efectiva protección dos seus dereitos”, engadiu a subdelegada.

Tal e como informou Rodríguez, este novo xulgado en Lugo forma parte da execución por parte do Ministerio de Xustiza de 70 novas unidades xudiciais en toda España, 3 en Galicia (Lugo, A Coruña e Vigo), correspondente á programación de 2022 e adecuación á planta xudicial. Concretamente, o sexto Xulgado de Primeira Instancia ten competencias en asuntos relativos ao dereito de familia, ás medidas de apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica e internamentos, tal e como publicou o Ministerio no BOE.

Así mesmo, Isabel Rodríguez trasladou a máxima colaboración do Goberno para atender calquera incidencia que poida xurdir e que poidan atender dende as súas competencias, pois quen ten transferidas as competencias en materia de Xustiza é a comunidade autónoma.

Aposta pola administración xudicial

O Ministerio de Xustiza puxo en funcionamento durante este mandato 2 novos xulgados en Lugo. Ademais do recente Xulgado de Primeira Instancia nº6, o Goberno aprobou a posta en marcha do 4 Xulgado do Social para Lugo, que leva en servizo dende o 31 de marzo de 2022.

“O Goberno de España cumpre, unha vez máis, cos veciños e veciñas de Lugo e cos compromisos adquiridos, demostrándoo con feitos e impulsando a administración xudicial co fin de mellorar a capacidade de resposta e reducir o número de asuntos pendentes nos xulgados”, afirmou a subdelegada.

Un comentario

  • Julio Asorey

    Mal vamos si «o compromiso do Goberno de Pedro Sáchez con Lugo» se limita a Juzgados y dependencias judiciales.
    Conocen perfectamente el motivo de los «asuntos pendentes» en los Juzgados y las razones están muy alejadas de lo que nos cuentan.
    No es fácil que el poder Político deje de entrometerse en el Judicial como acontece a menudo y más cuando
    aparecen casos en los que algún político pudiese estar involucrado como imputado.

    Siempre aparecen amontonados Tomos ,abogados y documentación amplisima e imposible de manejar con solvencia por nadie que deliberadamente se va alargando en el tiempo y por mucha «dedicación exclusiva» que se asigne al Juez asignado a cada caso .,lo hace imposible de cerrar definitivamente por nadie.
    No está mal modernizar instalaciones y equipos pero estaría mejor no interferir a ningun Juez a lo largo de la instrucción de cualquier causa (cosa imposible de lograr,si nos atenemos a lo conocido hasta ahora).

    Basta recordar el caso Garañón y dónde acabó la Juez y el propio caso para comprender que ni Sánchez ni nadie pondrá coto ni aportará mejora alguna ,mientras la justicia no sea independiente ,al iniciar su trabajo en
    los procedimientos normales de cada Juzgado,sin interferencia alguna por parte de nadie para lograr acortar los plazos y conseguir una aplicación justa de la Ley..
    Asi que «cumpre,una vez mais,cos veciños e veciñas de Lugo» es una utopía y desconocemos cuales son los
    «compromisos adquiridos» a menos que nos los cuenten de nuevo ( podrían repetirnos cuales son esos compromisos que desconocemos).
    Seguiremos disimulando como que no nos enteramos de lo que acontece siempre en nuestro Pais ,desde la Transición del 1978 y que los Jueces padecen pero tambien forman parte todos ellos ,de lo que hay..

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.