Marín pon o foco no crecemento empresarial, cun rexistro cercano ás 1.270 empresas no 2021

A actividade empresarial en Marín e a súa evolución é un dos eixos nos que o
Goberno local traballa para poder facer da nosa vila un espazo atractivo a nivel
laboral e de desenvolvemento económico.
Por iso, este traballo moitas veces faise creando unha importante sinerxia co Porto
de Marín, “o noso gran motor económico”, explican fontes municipais. E é que así
o demostran os datos que se manexan. Durante o último Pleno da Corporación, o
concelleiro de Facenda, Manuel Santos, detallou que nos 800.000 metros
cadrados que ocupa o espazo portuario, desenvolven a súa actividade máis de 100
empresas.
Estas firmas que operan no recinto portuario conseguen xerar un impacto de
13.000 empregos, entre directos, indirectos e inducidos, o que supón o 4,3% do
emprego de toda a provincia. “Non valoramos abondo o que temos no noso
Porto”, asegurou o concelleiro, ante a realidade da pulsión económica e social que
cupón contar cunha rada que é de interese xeral do Estado.
Pero é que a maiores en Marín vense incrementado tamén o número de
empresas que se abren ou de persoas que inician a súa actividade profesional.
Segundo os datos do INE, no 2021 rexistráronse 1.270 empresas.
Agora, coa vista posta en fomentar ese crecemento económico, o Pleno aprobou
contactar con Zona Franca para firmar un convenio co que elaborar un estudo
técnico no que fixar as liñas mestras que poden axudar á nosa vila a seguir
mellorando en crecemento empresarial, diversificando a economía e fomentando
unha maior empregabilidade en sectores de todo tipo.