Mariña Gueimunde González é a candidata do PP de Viveiro para recuperar a alcaldía

A candidata, foi concelleira en Viveiro formando parte da oposición do goberno local en dous lexislaturas, desde o 2007 ata o 2015, foi a primeira muller en ser senadora pola provincia, desde 2008 ata 2011, e foi a xefa territorial de educación en Lugo desde o 2014 ao 2022. Actualmente exerce a súa profesión de profesora de secundaria no instituto
O obxectivo de Gueimunde é recuperar a alcaldía e a confianza dos veciños e veciñas do municipio pois “Viveiro necesita unha rehabilitación e recuperar a súa grandeza”
Desde a dirección provincial subliñan que todos os investimentos importantes de Viveiro teñen a marca do Partido Popular, tanto cando gobernou no municipio como na Xunta