Nerea Pampín medalla de bronce no Torneo Internacional Henri Deglane

A Deportista Nerea Pampín, do Club Keltoi de Vila de Cruces e becada no CGTD de Pontevedra, ven de acadar este pasado sábado 21 de Xaneiro a única medalla para a selección nacional feminina absoluta, no prestixioso TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE.

Nerea Pampín , participou na categoría de -65 kg, gañando a súa fase de grupos contra as deportistas de Alamaña e Polonia. Pasando como primeira de grupo.
Na loita polas medallas caeu ante outra representante Alemana e quedou as portas da final, gañando finalmente a medalla de bronce.

Pola súa banda, Lydia Pérez, gañou contra Alemaña, perdeu o segundo cruce contra Brasil.
Na fase de repesca, gañou contra Polonia e perdeu a medalla de bronce contra Alemaña.

Boas sensacións para as deportista becadas no CGTD de Pontevedra de cara a esta importante tempada, previa os XXOO de París.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.