O BNG analiza con ADEGA os efectos da construción da ronda leste para Lugo

 O voceiro municipal, Rubén Arroxo, e integrantes do BNG mativeron unha xuntanza coa directiva de ADEGA para analizar os efectos da construción da ronda leste en Lugo. A organización ecoloxista solicitou xuntanzas con todos os grupos políticos representados no concello de Lugo e tamén do Delegado da Xunta de Galiza. A obra de creación da ronda leste suporá, segundo Rubén Arroxo «un impacto ecoloxico importante, sobre todo nas carballeiras do río Rato que forman parte do cinturón verde da cidade». Segundo a intención da Xunta o vial terá 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI

Ademáis o BNG establecerá contacto con diversas entidades para coñecer os efectos que terá esta nova vía sobre os sectores afectados, na cidade e no seu entorno. Con esta obra a Xunta pretende pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais  accesos cara ao hospital Lucus Augusti. O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.

A obra pretende o trazado de dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles, e importantes estruturas na execución do seu percorrido que afectarán as carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende.»A xuntanza con ADEGA fixou a posición do colectivo ecoloxista e dos danos que provocará na masa árborea e  no entorno natural da nosa cidade» manifestou o voceiro do BNG e engadiu «é o momento de abrir un debate sobre a súa necesidade e de concretar se esa é a forma correcta para abordar a construción de determinados tramos do vial». A ronda leste afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato e por tanto afectará dunha forma severa á periferia da cidade de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.