O BNG demanda transparencia na xestión da escola infantil municipal de Monterroso

As familias usuarias tiveron que abonar até decembro por un servizo que agora é gratuito, o cal están a esperar cando se lles efectúa o reintegro

O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso demanda ao goberno municipal que informe e amose transparencia ás familias usuarias da escola infantil municipal sobre os cobros e a falta de información en canto ás devolucións dos importes das taxas do servizo, xa que as escolas infantís son gratuitas por orde da Xunta de Galiza a partir deste curso 2022-2023.

Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso, explicou «moitas familias están preocupadas por si se lles vai a devolver os pagamentos do servizo, xa que continuaron a efectuar o pago até medidados de decembro debido á lentitude e falta de rigor da xestión do goberno municipal»

Neste senso, Brais Vázquez salientou que este pagamento débese pola lentitude e incapacidade do goberno municipal «a alcaldía fixo a modificación da ordenanza reguladora deste servizo o 12 de decembro do 2022, tendo constancia que o curso 2022-2023 ía ser gratuito desde xuño e coñecendo no prego de condicións para obter a subvención na súa totalidade, que o servizo debía ser gratuito desde o comezo de curso, polo tanto, xa puxo contra as cordas a estabilidade económica do servizo»

O membro do BNG recalcou «a alcaldía exerce tarde e mal o seu labor, conta con numerosas ferramentas para non chegar a esta circunstancia» e enfatizou «é un tema que precisaba axilidade, puido celebrar un pleno ordinario ou extraordinario, mais por culpa da súa preguiza, agora está a crear molestias e agravios ás familias, e por riba, nun contexto económico difícil como o actual»

Brais Vázquez sinalou «desde o BNG instamos ao goberno municipal a que amose transparencia e amose información sobre como vai a proceder coas devolucións ás familias, aproveitando o periodo de debate orzamentario e de contas», concluiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.