O Concello de Ponteareas deixou a todos os clubes deportivos da cidade sen a subvención de 2022

O 16 de decembro o Concello de Ponteareas remítelle a todos os clubs da localidade un mail, no que se incluía un borrador coas bases para optar as subvencións deportivas do ano 2022. Como acostumou durante toda a lexislatura, a falta de planificación do BNG é unha constante, convocando todo tipo de axudas sobre a bocina.
Neste caso, a situación pasa a ser todavía máis deleznable, xa que rematou o ano e o goberno nin tan sequera chegou a publicar esas bases, o que supón que os clubes deportivos non puideron ingresar a parte correspondente dos 75.000€, partida que estaban definida no presuposto.
Este caso é a mostra definitiva da incapacidade que a concellería de Deportes mostrou nestes catro anos. Baixo a dirección política do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, Miguel Bouzo, vivíronse situacións surrealistas como programar partidos e ter que suspendelos por non abrir o pavillón, pero neste caso traspasáronse todos os límites, xa que fai que eses cartos xa non poidan chegar os clubes, a pesar das imperantes necesidades, agravadas tras os anos da pandemia.
O veciño Concello de Porriño, conta cunha partida para clubes e eventos deportivos que alcanza os 600.000€, oito veces maior a que nin tan sequera destinou Ponteareas. Este dato delata o goberno da Sra. Fernández, ao que do deporte só lle preocupa o horario ao que deben acudir para sacar a foto.
Como indica, con gran indignación, o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera: «Isto é unha auténtica tomadura de pelo ás entidades deportivas da nosa cidade, que están traballando sen descanso para por a nosa cidade no máis alto de cada disciplina». A isto engade que, «esixímoslle responsabilidades o goberno nos catro meses que lles restan de andadura, sendo conscientes de que a alcaldesa non solicitará as dimisións correspondentes, co que esiximos que convoquen inmediatamente as bases de 2023 e incrementen a partida correspondente cos 75.000€ que esconderon no peto»
Dende ACiP existe un compromiso total co deporte, o que nos gustaría dar un cambio total se o próximos 28 de maio os cidadáns nos respaldan para gobernar. Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as directivas da cidade, que na súa maioría formadas por pais e nais, que sacrifican o seu tempo para os cativos poidan practicar un deporte e nin tan sequera poden contar cunha escasa axuda municipal.
Si se necesita «cambio» municipal ,que no sea sólo con la disculpa del Deporte!.Hay lugares de grandes deportistas aplastados por sus gobernantes y sin lo básico para vivir ,por tanto ,el «electoralismo» hay que buscarlo y generar confianza «en especial»,por otras cosas!.
Del modo que aparece Vd.en la imagen ,»no se la cuela» al votante!