O PP de Ribadeo denuncia o pasotismo do goberno do BNG: “están máis preocupados de si mesmo que de conservan as instalacións deportivas”

O coordinadora de deportes do grupo municipal, Tito Suárez destaca o mal estado no que se atopa o pavillón deportivo situado na rúa de Alfredo Deaño Alfredo Deaño

O PP de Ribadeo denuncia o pasotismo do goberno do BNG que “están máis preocupados de si mesmo que de xestionar orzamento para a conservación das instalacións deportivas da vila”, apuntan desde o grupo municipal. Neste sentido o coordinador de deportes, Tito Suárez resalta que “despois de pasada practicamente a lexislatura 2019-2023, vemos que este goberno do BNG non fixo nada por manter as instalacións deportivas en perfecto uso”.

Desde o grupo municipal leva reclamándose desde fai moito tempo que se solucione este problema que afecta ás entidades deportivas e aos nenos que van a adestrar no pavillón. Suárez explica que as contestacións por parte do goberno do BNG sempre foron as mesmas “burlas e asegurando que todo estaba ben, pero ás probas me remito”.

O coordinador fai referencia ao total abandono do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño imaxes nas que hai goteiras nas pistas e nos corredores de acceso. “Goteiras nas pistas de xogo que ocasionan máis de un resbalón aos nenos que van a adestrar alí. Xa se tivo que suspender algún adestramento e algún partido polo estado no que se atopaban as pistas. Ademais, os baños están en moi mal estado e algunhas portas parece que pasou unha tormenta e as esnaquizou, e así un suma e sigue dos abandonos que sofren as instalacións do noso concello”, di Suárez

Por outra banda, o coordinador de deportes explica que “nós trasladaremos ao pleno unha petición para investir e solucionar o abandono que sofre o polideportivo municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.