O PP insta a Loureiro a incluír no orzamento municipal para o actual exercicio económico a reparación do firme e a dotación de alumeado do Camiño de Ameixoa

O acceso non está asfaltado e sofre desprendementos nunha das súas beiras

O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, non resolve os problemas que afectan aos veciños e tampouco dá explicacións de por que non toma as decisións que precisan. O grupo municipal do PP presentará un rogo na sesión plenaria que celebrará mañá a corporación municipal, no que demanda o amaño do Camiño de Ameixoa, cuxo mal estado crea numerosos problemas aos veciños. Hai máis de ano e medio que os afectados presentaron un escrito no Concello solicitando a reparación do camiño e nin tiveron resposta nin houbo melloras nesta vía.

O portavoz dos populares, Óscar Rodríguez, sinala que a concelleira Teresa Pérez presenta un rogo en relación co citado camiño. Sinala: “O firme do Camiño Ameixoa está nunhas condiciones lamentables e perigosas para a circulación de vehículos, aparte de non ter ningún tipo de iluminación”. Explica que esta vía carece de alcatrán e que sofre desprendementos nunha das beiras. Os populares destacan que veciños afectados polo mal estado deste acceso presentaron un escrito no Concello, vía Rexistro, en maio de 2021 e máis de ano e medio despois seguen sen resposta”.

Os populares pretenden que nos orzamentos do Concello para o actual exercicio “habilítese unha partida para acometer as obras necesarias para que ditos veciños poidan gozar dun acceso en condicións dignas en canto ao firme e á iluminación”. Óscar Rodríguez espera que o goberno local explique “a demora na resposta ás cuestións expostas no escrito rexistrado formalmente”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.