O PP vota en contra de levar internet ao cen por cen da poboación galega

Leticia Gallego considera “incomprensible” que o goberno galego reduza en 12 millóns de euros o orzamento de Amtega, obstaculizando a transformación dixital e a implantación do 5G

A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, criticou hoxe que o PP votara en contra de levar internet de calidade á totalidade da poboación galega. Así o dixo logo do debate dunha iniciativa que presentou no Parlamento para reclamarlle á Xunta que reforce o orzamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega-, para “apostar de maneira potente e rotunda pola dixitalización”, que foi rexeitada polo PP.

Gallego presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Industria para levar a conectividade dixital a toda a poboación galega e impulsar a implantación do 5G en todo o territorio. A responsable socialista considera “incomprensible” que a Xunta fixe como obxectivo na Estratexia Galicia Dixital 2030 estender as redes de 100Mb a toda a poboación cando a continuación reduce o orzamento da Amtega en 12 millóns de euros para este ano.

Alertou de que, cunha transformación dixital a medio gas Galicia quedará rezagada, e con estes vimbios “a nosa recuperación económica non será sólida”. Urxiu ao goberno galego a “promover o campo da dixitalización para evitar quedar sempre atrás, e cunha fenda dixital que sitúa á Comunidade Autónoma na cola de Europa”.

Leticia Gallego lembrou que Galicia ten recibido un total de 196 millóns de euros do goberno do Estado para a implantación da banda ancha e bonos de dixitalización ás empresas, logo de ser a autonomía que máis axudas reibiu para a cobertura de banda larga en 2018 e 2019.

Esixiulle á Xunta que se centre na transformación de pemes e empresas familiares, e sobre todo na transformación do comercio de proximidade, liderando o despregamento acelerado da rede 5G para garantir conectividade de alta velocidade nas zonas rurais. Ademais, reclamoiu unha estratexia “potente” da industria 4.0 para agricultura, pesca e industria, incrementando ademais o investimento na I+D das TIC e rematando coa fenda dixital entre escolares de Galicia.

Urxiu ao Executivo a tomar en serio a nova dixitalización, “e máis agora, coas consecuencias que tivo a pandemia sobre as tecnoloxías, a investigación e a innovación”. Alertou de que Galicia “debe estar á cabeza” da implantación do 5G, así como das novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, a big data, a automatización de procesos, a robótica, a realidade virtual e aumentada, a impresión 3D ou os drons, entre outros.

Explicou o impacto significativo sinaladamente do 5G na mellora da competitividade, a produtividade, a eficiencia no uso dos recursos produtivos ou na maior calidade ou rendemento dos produtos ou servizos xerados nos distintos sectores económicos. A perda desta oportunidade, sinalou, suporá “serias debilidades no obxectivo de sentar as bases dunha recuperación económica sólida”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.