O Tirabeque, a nova película de Darío Autrán, estréase este venres en As Cancelas

Este venres 3 de Febreiro estréase «O Tirabeque» nos cinemas, a nova película de Darío Autrán producida por Abismo Caracol e co patrocinio da Deputación de Ourense

Tras ser presentada no Festival de Cinema de Ourense e sendo candidata a 13 Goyas e 14 Mestre Masteo, entre eles mellor director, actor revelación e guion orixinal para Darío Autrán. Chega un ano despois da súa película «O cuarto de Mona». No reparto actores e actrices como Celso Bugallo, Lida Veiga, Manuel Manquiña, Melania Cruz e Sabela Hermida. Estrearase con presenza do director e parte do equipo nos Cinesa As Cancelas e nos Cinesa Marineda.

A reacción da crítica é unánime falando do mellor traballo do director e guionista con opinións como a de Pablo Vázquez (Fotogramas) na que fala que se achega ao cinema de principios dos oitenta dirixido por Trueba e Colomo, pero cun toque inconfundiblemente galego ou da de Alberto Úbeda de Aisge destacando a interpretación do propio director ou dos grandes Celso Bugallo e Manuel Manquiña. As entradas xa están á venta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.