Pique con Piqué. Por @DulceCorcu

A nova canción de Shakira non deixa indiferente a ninguén. Nela, tampouco deixa nada á imaxinación, radiando en aberto e sen cortapisas a súa forzada ruptura co futbolista catalán Gerad Piqué. Desde aquel «Rata de dos patas» de Paquita la del Barrio, non se escoitara tal derroche de bile, despeito e vinganza como banda sonora de todos e todas os traizoados polo cruel Cupido.

En «Music Sessions 53» Shakira non se garda nada, ridiculiza e menospreza non só á súa ex parella, senón tamén á moza coa que agora sae Piqué, unha rapaza moito máis nova e máis anónima que ela, que non se libra da carraxe que vomita a colombiana, esquecendo quizais que nisto das infidelidades quen estea libre de culpa que tire a primeira pedra. Piqué sempre amosou bastante inmadurez e non pouco clasismo nas súas intervencións públicas fóra do deporte, é de supoñer que Shakira non descoñecía esa personalidade precisamente, aínda que agora faga reproches a ese respecto coma se nunca tal coñecera. Esas ridículas comparacións entre coches e reloxos en función do seu prezo non é algo que precisamente a poña en valor como pretende, parece máis ben o contrario, un tratar de autoconvencerse a si mesma de algo que ninguén pon en dúbida. A diario rompen parellas porque si, porque a vida cansa e o amor esgótase, e parece que a tendencia no famoseo é rematar de destripalo con incendiarias cancións ou inofensivos -a priori- cuentos onde unha vez que a «pichula» xa non dá de si, pois marcho que teño que marchar, algo máis ou menos o que vén de acontercerlle ao ilustrado Nobel Vargas Llosa. En todo caso, os tempos avanzan e o desamor xa non o contan Neruda o Benedetti en doentes poemas cheos de rima e cogoxa…Non, agora ventílanse moito máis coloquialmente: «esto es pa que te mortifique, traga y mastica, mastica y traga». Pura poesía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.