Rubén Arroxo: “A candidata do PP debería posicionarse respecto ao trazado da ronda da leste”

O BNG levará ao vindeiro pleno do Concello unha moción para que se revise o trazado desta infraestrutur
O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que «a candidata do PP debería posicionarse respeto ao trazado da rolda leste» e engadiu «unha infraestrutura non pode acabar coas carballeiras do río Rato que forman un dos máis importantes pulmóns verdes da cidade». O BNG levará ao vindeiro pleno do concello unha moción para que se revise o trazado da ronda Leste. O trazado actual que presentou a Xunta foi cuestionado por diversos colectivos e asociacións xa que non ten en conta a repercusión sobre o paseo do Rato. O Tenente Alcalde cuestionou o «esforzo económico» que supón executar esta infraestrutura «para aforrar 3 minutos nun suposto percorrido ata o HULA».
«Estamos mantendo xuntanzas con diversos colectivos que nos expresan a súa preocupación» manifestou o voceiro do BNG e engadiu «o debate está aberto e temos claro que a necesidade deste vial é moi relativa». A ronda leste afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato e por tanto afectará dunha forma severa á periferia da cidade de Lugo. «En Lugo debería saberse se a candidata do PP, que está desaparecida deste debate, aposta por defender o parque do Rato ou por crear outro garañon sobre unha das zonas máis sensibles da cidade» dixo Rubén Arroxo.
A Xunta pretende a construción deste vial con 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI. Tratase de dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles, e importantes estruturas na execución do seu percorrido que afectarán as carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende. Pretendese pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais accesos cara ao hospital Lucus Augusti. O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.