“SACOdePULGAS”, o novo videoclip de Mondra

O segundo sinxelo do cantareiro e bailador, despois de «AGHRUúU»
«SACOdePULGAS« é un cantar que amedrenta, ao tempo que abraza, as linguas marmuradoras.
O tema está composto conxuntamente por Mondra e Berto, na súa procura de atopar novos diálogos entre a música tradicional galega e a electrónica. Así pois, é quen de albergar cantares da montaña, instrumentación doméstica e voces ‘chopeadas’ á contemporánea.
O tema está xa dispoñible en todas as plataformas musicais e o videoclip estréase hoxe na súa canle de YouTube.
No eido creativo son partícipes, entre outras artistas, Zeltia Iglesias ao deseño gráfico, Arián Quinteiro á fotografía ou Daniel Rodríguez á coreografía.
No 2023: espectáculos ao vivo e estrea discográfica
Mondra lanza así o segundo sinxelo, despois de «AGHRUúU«, do seu primeiro traballo discográfico, que verá a luz a finais de 2023. Xa antes, nos vindeiros meses, seguiremos coñecendo máis da súa música e desfrutaremos dos seus primeiros espectáculos ao vivo.