Sen revisións pediátricas para os nenos máis maiores dende novembro en Verín

O grupo vecinal PEDIATRAS EN VERÍN XA, instaron ao SERGAS a dotar de máis pediatras a vila e anunciaron a continuidade das súas movilizacións baseadas nestes argumentos.

Movilizámonos porque as crianzas máis maiores levan sen realizar as revisións pediátricas pertinentes desde o pasado mes de novembro. As citas de revisións pediátricas están en suspenso desde entón. Soamente fan as revisións dos bebés.

Porque nos sentimos engañados pola Consellería e a Xerencia de Área de Ourense Verín ao poñeren a unha médica de familia no posto da pediatra que se marchou en misión de voluntariado mantendo o nome desta ao outorgar as citas. É dicir, a atención non a fai un facultativo especialista, senón un médico de familia, omitindo o feito de que é outra persoa quen atenderá as nosas crianzas e sen notificación previa por parte do Sergas. Preguntámonos se iso o farían no caso de seres un adulto.

Porque tanto a Cansellería como a Xerencia de Área Ourense Verín descriminan a aquelas crianzas que son atendidas por un facultativo que non é pediatra, mentres outros si son atendidos pola única pediatra que hai no centro de saúde.

Porque durante as semanas do Nadal a única pediatra dispoñible no centro de saúde colleu vacacións, como debe ser, e tievemos que ir directamente a urxencias do Hospital de Verín, estando estas colapsadas, as cales son atendidas por médicos de familia, e soamente avisan á pediatra nos casos máis graves. No caso de necesitar unha atención pediátrica máis detallada vímonos forzados a ir polo privado, con todo o gasto que iso supón e que debemos asumir nós.

Porque o gasto nun pediatra privado pode oscilar entre 50€ e 110€, e nalgúns casos que temos máis dun/ha fillo/a tivemos que levar aos dous á vez por estaren enfermos ambos os dous. Polo tanto, ese gasto multiplícao por dous.

Porque nos sentimos vulnerados, abandonados, esquecidos e mofados pola Consellería e a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense Verín.

Porque pagamos os impostos como calquera outro cidadán, pero os nosos fillos e fillas non reciben unha atención sanitaria digna.

Porque nos tocan o que máis nos doe, as nosas fillas e fillos, e non imos permitir este maltrato institucional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.