Só era unha árbore que habitaba nun concello arboricida, nun concello entregado ao formigón e ao asfalto

Só era unha árbore, vivía fronte aos xardinciños «Padre Feijóo» a carón do Pazo Provincial (Deputación de Ourense), que mala sorte tivo!!!

Fixeron un alcorque no seu día, botaron terra vexetal e puxeron unha arboriña. Os que disto saben din que, o custe medio, nos 5 primeiros anos para que unha árbore saia adiante é de uns 2.000 euros e que ninguén se meta coela pois…
A arboriña, que habitaba xunto ao Pazo Provincial e a cafetería «La Coruñesa», da noite para mañá apareceu rodeada (terraza, cadeiras, mesas, sombriñas…), comezou a esmorecer e nun «reviravés» secou, que desgraza!!!
Coincidimos que non é axeitado ter nun lugar tan simbólico unha árbore morta, con gran premura o Excmo. Concello tallouna polo pé.
Inxénuos de nós, pensamos que farían como se acostuma a facer no mundo civilizado «árbore morta árbore posta», que abrirían investigación por que secou, que lle botaron, quen a feriu, sancionarán aos que atentaron contra o patrimonio público…inxénuos.
Se implantar unha árbore custa 2.000 euros e esta xa levaba no lugar uns cantos anos, cal era o seu valor? 3.000 euros, 3.500 euros…
Onte o Excmo. Concello de Ourense rematou o traballo de tapar o alcorque con lousas de pedra.
o énesimo arboricidio levado adiante, hoxe tocoulle a Cruz Alta (26, xaneiro, 2023), no casco urbano de Ourense lévanse talladas polo pé máis de 500 árbores adultas e de gran porte, 500 árbores en menos de un ano tiradas ao lixo. Árbores de gran valor patrimonial e insustituibles, na cidade coas temperaturas máis altas da Península Ibérica…
Concello arboricida, concello gobernado por desequilibrados que están estragando o patrimonio vivo co silencio e a connivencia dunha oposición política e unha sociedade que mira para outro lado.
Quen o pode explicar?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.